RESUMO

Andaina
2ª época 2ª xeira ep. n. 38 ( 6/ 2004)

O editorial xira arredor dos dereitos das prostitutas e o tema monográfico titúlase “Putas si, con dereitos”. Homenaxéase as escritoras Xela Arias e Luísa Villalta, por mor do seu pasamento, e nas notas breves menciónase a Zaha Hadid, Isabel López Calzada, Sarah Waters e Karen Dammann. A dobre páxina conmemórase o 8 de marzo e aparecen artigos sobre a rehabilitación dos maltratadores e o sexismo na publicidade. A entrevistada é a feminista exipcia Farida al-Nakash. Os espazos dedicados a recuperación da memoria recollen as figuras de Edelmira e Victoria Ocampo, esta última na contraportada.