RESUMO

Andaina
2ª época 2ª xeira ep. n. 39 ( 9/ 2004)

O editorial céntrase nas últimas propostas lexislativas que atinxen á política sexual e o ámbito familiar. As notas breves destacan personalidades como Wangari Maathai ou Elfriede Jelinek. Na sección “Hemeroteca” celébranse os 20 anos de contido feminista de Andaina. Os temas tratados nos artigos son o sexismo na publicidade, as mulleres inmigrantes, a medicalización da vida cotiá e a Declaración de Compostela sobre a violencia contra as mulleres nos medios de comunicación. Na entrevista aparece unha conversa con Rosa Isela Serrano, da AMMOR, plataforma campesiña de México. Recupérase o mito de Helena e na contraportada destácase a escritora Françoise Sagan.