RESUMO

Andaina
2ª época 2ª xeira ep. n. 40 ( 3/ 2005)

O editorial aborda a violencia de xénero, solicita un marco lexislativo axeitado e describe o estado represivo ao que están sometidas as mulleres afgás, un asunto sobre o que o número abunda en artigos e na sección “Libros”. Nas notas breves faise memoria do feminicidio en Guatemala e das mulleres torturadas e desaparecidas en Chile. Menciónase, ademais, a Pilar Manjón, María Montserrat Varela Vázquez ou Ellen MacArthur. No apartado de entrevista, recóllese a conversación con Pye Jacobson. Para a recuperación da memoria, achégase información sobre o labor das mulleres no ámbito radiofónico e a vida dunha nómada. A contraportada dedícase a Susan Sontag.