RESUMO

Andaina
2ª época 2ª xeira ep. n. 41 ( 6/ 2005)

O editorial atende ao debate da lei sobre o matrimonio homosexual no Estado español e analiza a reacción da Igrexa católica. Analízanse os proxectos de lei sobre custodia compartida, a crecente presenza das mulleres no Parlamento Galego e a influencia dos cambios sociais na publicidade. Continúanse a denunciar situacións de violencia e desigualdade nas prisións e mais o caso de torturas de Abu Ghraib. Entrevístase a educadora palestina Maha Nassar. Dáse a coñecer a experiencia do sindicato de prostitutas de Holanda, De Rode Draad. Recupéranse as biografías Concha Méndez e de Áurea Lorenzo Abeijón, a quen se lle dedica a contraportada. Reproduce obras e fragmentos de Maruja Mallo, Norah Borges e Marjane Satrapi.