RESUMO

Andaina
2ª época 2ª xeira ep. n. 42 ( 12/ 2005)

O tema central do número é o lugar das mulleres no deporte singularizando figuras destacadas nos últimos anos. Nas notas breves saliéntanse entre outras a cativa presenza de directoras na música clásica. Analízase a proposta de Alba Estela Maldonado de introducir o termo feminicidio nos códigos penais de Guatemala e dos estados que conforman a comunidade internacional. Infórmase da creación da Rede Internacional de Mulleres Xornalistas. Entrevístase ao director de cine Fernando León de Aranoa. Recupérase a Rosa Lee Parks, que protagoniza a contraportada.