RESUMO

Andaina
2ª época 2ª xeira ep. n. 43 ( 3/ 2006)

O editorial e algúns artigos tratan os tabús e prexuízos arredor da diversidade sexual, as amplas xornadas laborais das creadoras audiovisuais e dá a coñecer o manifesto proposto polo colectivo Hetaira para a regulación da prostitución. Un artigo critica a política indixenista de Evo Morales por invisibilizar as mulleres. Aparecen, ademais, unha crónica de viaxe pola India, un achegamento ao sostén como prenda de roupa cargada de significado e unha reflexión sobre o recoñecemento post-mortem das mulleres. Entre as notas breves destaca a falta de presenza de mulleres nas institucións ou o aumento dos abortos no Estado español. Abúndase no pensamento de María Zambrano, e recupéranse para a memoria a feminista Betty Friedman e, na contraportada, María Miramontes.