RESUMO

Andaina
2ª época 2ª xeira ep. n. 44 ( 6/ 2006)

O tema do monográfico e do editorial céntrase na presenza e o traballo das mulleres no cine e no audiovisual mentres que na sección “Lembranzas dunha época” se recupera a biografía da propietaria dun cine en Marín, Amalia Méndez. Outros temas de interese deste número son: a violación como forma de castigo en Pakistán, os manifestos do orgullo LGBTQI galego, de Las Otras Feministas (grupo que se denominará posteriormente Otras Voces Feministas), a declaración pola paz das mulleres de Ahotsak sobre o conflito vasco, así como a reclamación de dereitos para as prostitutas. Nas notas breves celébrase o día da lingua galega e recórdase a recente aprobación do matrimonio LGBTQI. Na contraportada recupéranse as irmás Jimena e Elisa Fernández de la Vega.