RESUMO

Andaina
2ª época 2ª xeira ep. n. 46 ( 3/ 2007)

O editorial reflexiona sobre o teito de cristal, a precariedade laboral, o recoñecemento ás mulleres na toponimia urbana e a transexualidade. Celébrase a publicación do número 45 da revista cunha exposición e unha presentación pública. Realízanse dúas entrevistas: unha á intelectual feminista Françoise Collin e outra a Elena Reynaga, secretaria xeral da Asociación de Mulleres Meretrices da Arxentina (AMAR), que se vincula con outros artigos sobre a prostitución neste número. Na recuperación da memoria histórica das mulleres fálase dunha artesá e lémbrase a María Mariño Carou na contraportada. Conta con ilustracións de Castelao.