RESUMO

Andaina
2ª época 2ª xeira ep. n. 47 ( 6/ 2007)

O número ten como tema central o ecofeminismo. Nel aparecen de maneira destacada Alicia Puleo, Vandana Shiva, Maria Mies, N. Manimekalai, Charlotte Perkins Gilman, entre outras. Recóllese a declaración pola soberanía alimentaria de Nyélení e preséntanse bibliografía de interese sobre o tema. Noutros artigos trátase a obra de Hildegarda de Bingen, infórmase sobre as novas pílulas anticonceptivas, e ofrécese unha análise da Lei orgánica para a igualdade efectiva de mulleres e homes. Recupérase a biografía dunha costureira e mais da actriz Hedy Lamarr, na contraportada.