RESUMO

Andaina
2ª época 2ª xeira ep. n. 48 ( 9/ 2007)

A diversidade funcional é o eixe central do número, cun dossier coordinado por Isabel Lodeiro Vales que continúa no n. 49. Arredor deste tema preséntanse algunhas asociacións de mulleres, ofrécense entrevistas con Cathryn Teasley Severino, activista, e Ánxela López Leiceaga, da COGAMI, así como unha ampla bibliografía. Outros artigos ocúpanse da situación das empregadas do fogar, a despenalización do aborto en México D.F. e o proxecto expositivo A batalla dos xéneros. Recupéranse para a historia algunhas mulleres destacadas: Victoria Kent, unha mestra, Frida Khalo e Concepción Pérez Iglesias, a primeira alcadesa do Estado español.