RESUMO

Andaina
2ª época 2ª xeira ep. n. 49 ( 6/ 2008)

O número continúa prestando atención ás mulleres con diversidade funcional coordinado por Isabel Lodeiro Vales, que xa empezara no n. 4. Dáse conta de diversos encontros celebrados: Marcha Mundial das Mulleres, Outras Voces Feministas, celebración do Día do Orgullo e unha conferencia de mulleres xornalistas que procuran aplicar a perspectiva de xénero na súa profesión. Celébranse os 25 anos de Andaina. Entrevístase a Mercedes Alonso López, da asociación Teima, e a Silvia López, do Centro Social Feminista Eskalera Karakola. Faise memoria da vida e da experiencia do parto dunha costureira emigrante e a contraportada dedícaselle a Rita Amparo López Jeán.