RESUMO

Teima
( 11/ 1976)

O editorial e un dos artigos deste primeiro número da publicación dedícanse a explicar o porque da creación dunha revista de información xeral de Galicia publicada en galego.

Conta con artigos adicados á loita feminista, ó Estatuto de Autonomía de Galicia e á industria. Concentracións, xornadas e a folga xeral ocupan o groso da revista. De relevancia é o artigo adicado á escisión na UPG.

Xa fora de Galicia, o número debulla o panorama español e extranxeiro.

Este número conta coa publicidade de Construcciones metálicas A. Gómez Viso, Coagro, Frinosa, Libraría Lume, Libreiría Virgondoiro, Editorial Galaxia, Caja Rural Provincial de Pontevedra, Vicoinsa, Estación invernal Cabeza de Manzaneda, Cerveza San Martín, Bar Calixto, Radio Popular, Vagalume, Librería Ir indo, Urgasa, Plana Publicidad e Coren.