RESUMO

Teima
n. 1 ( 12/ 1976)

Gran parte da publicación céntrase en analizar o Referendum, próximo a celebrarse.

Destácanse tamén os conflictos laborais e por territorios, así como o problema estrutural da industria galega e sinálase a tendencia a alza das asociacións veciñáis na nosa terra.

Na teima cultural, entrevistan aos músicos Xosé Afonso e Vitorino.

Este número conta con publicidade de Construcciones Metálicas A. Gómez Viso, Frinosa, Caixa Rural Provincial de Pontevedra, Vicoinsa, San Martín, Sempre en Galicia, Radio Popular, Estación Invernal Cabeza de Manzaneda, Coagro, Editorial Galaxia, Urgasa, Plana Publicidad e Coren.