RESUMO

Teima
n. 5 ( 13/ 1/ 1977)

A portada vai adicada a un dos artigos centrais deste número: a deficiente situación da Seguridade Social en Galicia.

En Lugo, celebrouse con certo retraso o 2 mil aniversario da creación da cidade e dase conta da grande cantidade de premiados no xogo da lotería.

Séguense as obras da Autopista do Atlántico entre Vigo e A Coruña e critícase que non vaia ser pública.

Tamén na Coruña, Manolo Rivas fai un percorrido polo patrimonio arquitectónico da cidade de finais do século XIX e principios do XX destruido nos últimos anos.

Neira Vilas é entrevistado aproveitando a súa breve estadía en Galicia e infórmase de que as Letras Galegas do ano 1977 serán adicadas a Villar Ponte.

Este número incorpora publicidade das seguintes empresas: Caixa Rural Provincial de Lugo, Centro de Formación Profesional Daniel Castelao, Editorial Galaxia, Vagalume, Serigrafía Galega, Construcións Cousa, Galería de arte Ceibe, Galería de arte Mestre Mateo, Galería de arte Torqves, Arco da Vella, Anticuario La Galería, Galería de arte Souto, Radio Popular e La Voz de Galicia.