RESUMO

Teima
n. 6 ( 20/ 1/ 1977)

O eixe central do número 6 da revista é a lingua. Por un lado, trátase a posibilidade de que se recoñeza a cooficialidade das linguas nacionais do estado e, por outro, os resultados dunha enquisa confirman a diglosia da poboación do país.

Entre os persoeiros destacados deste número atopamos o Bispo do Ourense, Ángel Temiño, e o gobernador da provincia de Pontevedra, Gervasio Martínez-Villaseñor García.

A construcción dunha ponte sobre o Eo e a situación das traballadoras do peixe, con situacións laborais moi desiguais fronte ós compañeiros homes, son obxecto de artigos na sección "O noso país".

Entrevistan a Xerardo Moscoso, ex-compoñente do grupo Voces Ceibes e, pola súa banda, o decano do Colexio de Arquitectos de Galicia explica o Plan Director de Coordinación Territorial plantexado para Galicia.

Isaac Díaz Pardo enviou unha carta con consellos sobre o aspecto gráfico da revisa.

Este número incorpora publicidade das seguintes empresas: Centro de Formación Profesional Daniel Castelao, Editorial Galaxia, Serigrafía Galega, La Voz de Galicia, Vagalume, Radio Popular e Unicef.