RESUMO

Teima
n. 7 ( 27/ 1/ 1977)

O número 7 céntrase na situación dos sectores da pesca e das conservas e comeza unha serie adicada á lei electoral pola que se van rexir os próximos comicios.

Incorpora conversas cun mariñeiro excarcelado, Manuel Pillado, cun mestre vasco que aboga por unha universidade vasca e con Sixto Enrique de Borbón Parma, previa á súa saída de España.

Dá conta da elección do 39º presidente dos Estados Unidos, Jimmy Carter.

Este número incorpora publicidade das seguintes empresas: Radio Popular, Galería de arte Ceibe, Galería de arte Mestre Mateo, Galería de arte Le Parc, Arco da vella, Anticuario La Galería, Galería de arte Souto, Editorial Galaxia e Unicef.