RESUMO

Teima
n. 8 ( 3/ 2/ 1977)

O Editorial reflexiona acerca do panorama político actual no Estado español, coa esperanza de que a represesión quede atrás tra-las eleccións.

No número faise unha enquisa ás diferentes alternativas políticas galegas, explícase como vai funcionar o sistema proporcional e adiántase a incidencia que os comicios terán no país.

Denúnciase que a tan ansiada amnistía política aínda non tivera lugar.

O número incorpora publicidade das seguintes empresas: Radio Popular, Editorial Galaxia, Galería de Arte Ceibe, Galería de arte Raimundo Patiño, Galería de Arte Torqves, Arco da Vella, Anticuario La Galería, Galería de Arte Souto e Unicef.