RESUMO

Teima
n. 9 ( 10/ 2/ 1977)

Varios dos artigos deste número informan das particularidades do entroido en Galicia.

Denúnciase a detención de nacionalistas polo asesinato de dous policías e un garda civil en Madrid e que o semanario portugués "A rúa" acusa a tres partidos políticos galegos de autoría ou complicidade no secuestro de Antonio María de Oriol y Urquijo e Emilio Villaescusa Quilis.

Incorporan a visión de traballadores e empresarios con respecto ó primeiro conflicto colectivo de relevancia que tivo lugar en Lugo no sector do metal.

En Caldas de Reis os veciños enfréntanse á tala de árbores e denuncian o roubo da matarrasa.

A cooficialidade do galego segue a despertar controversia. Inaugúrase na revista a nova sección "A nosa lingua".

Este número incorpora publicidade dos seguintes anunciantes: Unicef, Editorial Galaxia e Sargadelos.