RESUMO

Teima
n. 10 ( 17/ 2/ 1977)

O Editorial e gran parte do número trata da progresiva industrialización de Galicia, cos sectores da celulosa e a minería en cabeza.

En sendos artigos infórmase de que os e as traballadores sanitarios e docentes comezan a organizarse para esixir dereitos.

Entrevistan ó lingüista francés Louis Jean Calvet sobre o papel da lingua no colonialismo.

Este número incorpora publicidade de Unicef e a Caja de Ahorros Municipal de Vigo.