RESUMO

Teima
n. 12 ( 3/ 3/ 1977)

O número 12 da revista céntrase nas consecuencias que a industrialización está a traer (expropiacións, falta de traballo, emigración, etc.)

Explícase unha das industrias que está a despuntar nestes momentos: a mineira.

A situación da muller ten moito peso neste número, no que se debate sobre a desigualdade de trato en tódolos ámbitos da vida e, especialmente, no laboral.

Este número conta con publicidade de Florentino Cacheda e Pegaso.