RESUMO

Teima
n. 13 ( 10/ 3/ 1977)

O problema do agro galego que veciños e asociacións denuncian que están a sufrir a causa do proceso de industrialización do país continúa a ser un elemento central neste número da revista, destacando o caso das Encrobas.

O conflicto agrario acaba desembocando nunha folga de traballadores do campo.

Xunto, e en relación, aos conflictos laborais denúnciase a situación de especial indefensión das mulleres.

Dan testemuña de casos de violación da intimidade coa lectura de correo axeno.

Este número inclúe publicidade da Caja de Ahorros Municipal de Vigo e de Sargadelos.