RESUMO

Teima
n. 17 ( 7/ 4/ 1977)

A Autopista do Atlántico segue a centrar o debate neste número de Teima, no que ten lugar a terceira e última entrega do informe "Quen manda en Galicia?", elaborado por Víctor F. Freixanes, coa colaboración de Manolo Rivas, Guillermo Campos e Xosé María Palmeiro.

Este número incorpora publicidade de Comercón, o disco "Ti, Galiza", de Miro Casabella, María Martínez Otero, Florentino Cacheda e Unicef.