RESUMO

Teima
n. 23 ( 19/ 5/ 1977)

Dende Teima continúan coa organización da homenaxe a Castelao e o informe relativo ás eleccións céntrase nesta ocasión nas forzas da esquerda.

Os conflictos no agro e a loita para tentar de parar as obras da Autopista e a instalación de centrais nucleares tamén están representados neste número.

Este número inclúe publicidade de: "The English School María Clara Silva y Magnus Jensen", "Ti, Galiza", de Miro Casabella e UNICEF.