RESUMO

Teima
n. 28 ( 23/ 6/ 1977)

O número 28 é o primeiro que se publica tras coñecer o resultado dos comicios celebrados o 15 de xuño, dos que se destaca a elevada abstención e a realización de votacións paralelas dos menos de vinteún anos, que non estaban chamados ás urnas.

Ademais dos comicios, o outro tema central deste número son os GRAPO. A redacción de Teima recibiu cinco cartas de membros do grupo e entrevistan a Luis Alonso Riveiro.

Manolo Rivas entrevista a Xosé Luis Méndez Ferrín e Xoán M. Carreira a Enrique G. Macías.

Séguese a recabar a opinión dos lectores respecto da homenaxe a Castelao.

Este número incorpora publicidade de: Xestora provisional da Confederación dos medios de comunicación audiovisuais pra nenos e mozos, CEBEM, Sargadelos, Restaurante Vilas, Mesón El Alberto, Restaurante Sanmiguel, Restaurante Calixto e Unicef.