RESUMO

Teima
n. 29 ( 30/ 6/ 1977)

Neste número da revista analízanse os resultados obtidos nos comicios do 15 de xuño.

Nunha primeira entrega do informe incluído déixase constancia da traxectoria de quince dos homes e mulleres elixidos para representar a Galicia.

Charo Álvarez e Fernando Fernández Rei analizan as implicacións do uso dun galego normativo, afastado da realidade.

Denúnciase a queima de masa forestal por intereses particulares.

As conversas desta semana foron co concellal de Vigo Antonio Nieto Figueroa, "Leri" e con Reimundo Patiño.

Neste número remata a enquisa para establecer os nomes que formarán a comisión organizadora da homenaxe a Castelao.

Este número incorpora un anuncio dunha publicación galega sen especificar e publicidade de: CEBEM, Caja de Ahorros Municipal de Vigo, Librería Abraxas, Gráficas Tanco, Librería Seoane e Unicef.