RESUMO

Teima
n. 30 ( 7/ 7/ 1977)

Neste número danse os nomes dos cinco homes que formarán a comisión organizadora da homenaxe a Castelao.

Denúnciase a queima de masa forestal por intereses particulares.

Inclúese a segunda entrega do informe sobor dos resultados dos comicios do 15 de xuño. Déixase constancia da traxectoria de dez dos homes e mulleres elixidos para representar a Galicia, así como dos tres nomeados polo Rei como senadores.

Xavier Navaza conversa con Álvaro Cunqueiro e Xoán Manuel Carreira con Emilio Cao.

Na sección Cartas á dirección publican catro cartas que chegaron á revista mostrando preocupación polos resultados electoráis.

Este número incorpora un anuncio dunha publicación galega sen especificar e publicidade de Unicef, XV Feria de Muestras del Noroeste e Sargadelos.