RESUMO

Teima
n. 31 ( 14/ 7/ 1977)

Este número adícase ás vítimas do fascismo, no corenta e un aniversario do golpe de estado.

O informe desgrana o golpe dese 18 de xullo e a represión posterior.

Luis Pousa fai unha crónica sobre a reunión de parlamentarios/as galegos/as en Compostela na que se debatiu sobre nacionalidade e autogoberno.

Inclúese a terceira e última entrega do informe sobor dos resultados dos comicios do 15 de xuño. Déixase constancia da traxectoria de dez dos homes e mulleres elixidos para representar a Galicia.

Xavier Navaza conserva con Santiago Álvarez e Xoan Manuel Carreira da conta do libro homenaxe a Xosé Ramón e Fernández-Oxea, máis coñecido como Ben-Cho-Shey.

Este número incorpora publicidade da revista Saída : quincenario de información y crítica, o Grupo Barro, Sargadelos e Unicef.