RESUMO

Teima
n. 32 ( 21/ 7/ 1977)

O número 32 de Teima está adicado ó Día da Patria Galega e, con ese motivo, incorpora un amplo especial.

Denúnciase a industrialización masiva de Galicia, a mala situación dos pensionistas e as dificultades que os e as emigrantes tiveron para votar nas pasadas eleccións.

Incorporan os resultados dunha enquisa que Cáritas-Vigo realizou entre a xuventude dun barrio obreiro da cidade.

Perfecto Conde Muruais fixo un reportaxe sobre a rapa das bestas de Sabucedo.

Víctor F. Freixanes fai unha crónica da III Mostra de Teatro Galego celebrada en Vigo.

Roxelio Martínez entrevista ao editor Ramón Akal.

Este número incorpora un anuncio dunha axencia de publicidade sen especificar e publicidade de Unicef, Edelmiro vázquez y Hno, S.L., Banco de Vizcaya, Restaurante anexo Vilas, Mesón El Alberto, Restaurante Sanmiguel, Restaurante Calixto, Revista Saída, Libreiría Abraxas, Gráficas Tanco, Libreiría Seoane, Feiraco, Banco de Bilbao e XV Feria de Muestras del Noroeste.