RESUMO

Teima
n. 33 ( 28/ 7/ 1977)

A portada deste número denuncia a irregular situación dos menores no reformatorio de Pontevedra, que é relatada no extenso informe que abre a información da revista.

As diferentes nacionalidades e rexións piden contar con autonomía.

Este número inclúe o especial Última hora, no que se detalla a festa da Patria Galega en Compostela, á que se sumaron militantes de diferentes agrupacións políticas.

A situación da Igrexa en Galicia é obxecto dun artigo de Xosé Ramón Barreiro Fernández.

Xavier Navaza, pola súa banda, fai un amplo reportaxe sobre o Frente de Liberación Homosexual Galego (FLHG).

Este número contén un anuncio dunha axencia de publicidade sen identificar e publicidade de: Revista Saída, Caja de Ahorros Municipal de Vigo, Unicef.