RESUMO

Teima
n. 34 ( 4/ 8/ 1977)

O editorial deste número da revista céntrase na política pesqueira.

Os informes cos que arranca este número están adicados a diversos aspectos turísticos e culturais.

Dase conta da construcción dun edificio de sete alturas na rúa Fernando III O Santo, de Compostela, que ten á veciñanza en contra. Algúns veciños chegaron incluso a ocupar e facer destrozos no edificio.

Outros veciños descontentos son os de Ribadumia, que están en contra dunha explotación mineira, os de San Martiño de Laxe, que queren recuperar o usufructo dos montes ou os de Brens (Cee), que non están conformes coa instalación de dúas liñas de tendido eléctrico.

O tema lingüístico ten peso específico neste número de Teima, que conta con publicacións de Xavier Alcalá, Emilio Prado, Rosario Álvarez e Francisco Fernández Rei e incorpora unha carta dunha nena que pide unha escola en galego.

Perfecto Conde entrevista a John Anthony Wcislo, o xefe da base americana situada en Estaca de Bares.

O xuíz Sebastián Martínez-Risco ofrece a súa visión particular do golpe de estado e os días previos.

O fiadeiro incorpora unha pequena mención ás "Marías" e a súa actitude fronte á vida.

Este número incorpora publicidade de Unicef.