RESUMO

Teima
n. 35 ( 11/ 8/ 1977)

Este número foi o último publicado da revista. Incorpora fotografías do derradeiro consello de redacción e da redacción.

Ademais, no editorial, despídense dos seus lectores/as sen saber se a despedida vai ser definitiva.

O tema de portada é a folga no sector pesqueiro. No interior tratan tamén da folga na hostalería.

Manolo Rivas elabora un artigo sobre Franco, e Xosé María Lema sobre Londres.

Fan pública unha carta recibida na redacción sobre o Omnium cultural galego.

Xoan Manuel Carreira fai unha recensión sobre a cantata Nova Galicia, composta por Rogelio Groba.

Este derradeiro número conta con publicidade de Unicef.