RESUMO

Alborada
n. 1 ( 1966)

Componse de seis artigos. No primeiro, a modo de editorial, explícanse as directrices da publicación. Destaca a presenza de mulleres tanto no ámbito doméstico como no espazo público e a falta de dereitos e prácticas discriminatorias que lles afectan, así como a necesidade da toma de conciencia e de que se organicen para a transformación da realidade. Os outros temas abordados neste número son: as orixes históricas da desigualdade; a situación das universitarias; a da “muller galega”; a figura de Francisco de Goya; e, o cuestionamento da feminización das tarefas de coidado e a sobrecarga que supoñen para as que, ademais, desenvolven un traballo remunerado.