Cultura obrera

----

Cultura obrera

Presentamos a dixitalización dos números do xornal Cultura Obrera. Órgano de la Unión de Fogoneros del Atlántico, publicado en Nova York dende 1911 ata 1927. O seu fundador e administrador foi o anarquista catalán Pedro Esteve, quen xa traballara noutro xornal de ampla tirada, El Despertar. Estaba dirixido aos traballadores de orixe hispana do sector do tabaco e aos dos portos e do transporte marítimo. Contaba co apoio da American Federation of Labor, que tiña a última páxina, escrita en inglés, dedicada ás súas actividades sindicais. Converteuse nun dos xornais anarquistas máis influentes en castelán da costa leste de Estados Unidos.


No ano 1913 cambia a súa cabeceira por Cultura Obrera. Periódico Obrero e aparece escrito totalmente en castelán. Dedica as súas páxinas a difundir e promover a loita polos dereitos da clase obreira dende postulados anarquistas, e inclúe numerosos artigos sobre o movemento revolucionario mexicano ou ruso, así como reproducións de libros e panfletos de pensadores anarquistas como Ricardo Flores Magón ou Piotr Kropotkin.


En 1927, muda a súa edición a Detroit, onde se publican uns poucos números. O seu labor de loita é continuado por outro xornal, Cultura Proletaria. Portavoz de grupos anarquistas de lengua castellana en Estados Unidos, que proximamente se publicará nesta web.


Este xornal, xunto con outros periódicos anarquistas, foi localizado e dixitalizado no Internationaal Instituut voor Sociale Geschiedenis (Instituto Internacional de Historia Social) de Amsterdam, no marco dun proxecto sobre os obreiros anarquistas galegos no exterior, dirixido polo profesor Bieito Alonso, quen xa publicou diversas obras sobre o tema. A dixitalización está preservada no Arquivo da Emigración Galega.

Título Ano País Lugar Entidade Dixitalizados Estado
Título Ano País Lugar Entidade Dixitalizados Estado
Cultura Obrera
Órgano de la Unión de Fogoneros del Atlántico
1912 (a partir do n.º 19): Órgano de la Federación de los Obreros del Transporte de América
En novembro de 1912 (n.º 1): Periódico Obrero
1913 (a partir do n.º 28): Portavoz de los Obreros Industriales del mundo
1914 (a partir do n.º 76): Periódico obrero, de doctrina y combate
1911 EEUU Nova York Unión de Fogoneros del Distrito del Atlántico y GolfoPublicación impresa. Entidade editora
254 Pechada

Ti podes axudarnos

Axúdanos a enriquecer o legado da cultura galega. Se posúes ou coñeces a existencia de fondos ou consideras que nos nosos arquivos xa publicados hai erros ou ausencias, agradecemos a túa participación. Fáinolo saber por correo electrónico ou por teléfono para incorporar nova documentación ao noso fondo dixital.