Cultura Proletaria

----

Cultura Proletaria

O Arquivo da Emigración Galega publica en rede a dixitalización dunha parte dos números do xornal Cultura Proletaria. Periódico de Ideas, Doctrina y Combate, publicado en Nova York dende 1927 ata 1953. Comezou a editarse en marzo de 1927, tras o traslado da publicación Cultura Obrera a Detroit.
No seu primeiro número declara a súa defensa dos dereitos dos e das traballadoras dende os ideais libertarios e anarquistas, que nunca deixarán de lado durante toda a súa longa traxectoria, algo pouco habitual nos xornais desta ideoloxía. Estaba dirixido a todos os traballadores de orixe hispana residentes nos Estados Unidos e dende 1930 convértese no voceiro da Federación de Grupos Anarquistas de Lengua Castellana dese país. Continuou, así, o labor do desaparecido Cultura Obrera e chega a ser un dos xornais anarquistas máis influentes en castelán neses anos.
Este xornal foi localizado e dixitalizado polo Consello da Cultura Galega na The New York Public Library, no marco dun proxecto sobre os obreiros anarquistas galegos no exterior, dirixido polo profesor Bieito Alonso.
Póñense a disposición das persoas interesadas os primeiros 347 números da publicación, que abranguen de 1927 ata 1934. Nos próximos meses continuaremos a publicar os restantes que se preservan nos fondos hemerográficos do Arquivo da Emigración Galega.
Título Ano País Lugar Entidade Dixitalizados Estado
Título Ano País Lugar Entidade Dixitalizados Estado
Cultura Proletaria
Periódico de Ideas, Doctrina y Combate
1930 (A partir do n.º 164): Portavoz de la Federación de Grupos Anarquistas de Lengua Castellana en los Estados Unidos
1927 EEUU Nova York Federación de Grupos Anarquistas de los Estados UnidosPublicación impresa. Entidade editora
347 Pechada

Ti podes axudarnos

Axúdanos a enriquecer o legado da cultura galega. Se posúes ou coñeces a existencia de fondos ou consideras que nos nosos arquivos xa publicados hai erros ou ausencias, agradecemos a túa participación. Fáinolo saber por correo electrónico ou por teléfono para incorporar nova documentación ao noso fondo dixital.