A Saia. Publicacións periódicas feministas e LGBTIQ+
A Saia é un proxecto conxunto do Consello da Cultura Galega, a través do seu Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (antes Comisión de Igualdade), e ADHUC - Teoria, Gènere, Sexualitat (antes Centre Dona i Literatura) da Universitat de Barcelona. Iníciase en 2012 e toma o nome da publicación homónima A Saia, a primeira revista feita por un colectivo feminista independente en Galicia. O obxectivo último desta proposta pasa por poñer progresivamente á disposición do público unha documentación de utilidade para todas as persoas interesadas nos movementos feministas e LGTBIQ+ e na historia contemporánea. Nestas publicacións pódense documentar con moito detalle os debates sobre as accións reivindicativas, o pensamento e as formas de creación xeradas así como as recorrentes revisións sobre a articulación do suxeito político do feminismo. Para facilitar o acceso aos contidos de cada cabeceira, a edición dixital compleméntase cun Índice documentado. Nestes documentos en pdf recóllense polo miúdo datos que non teñen cabida no índice convencional e resulta de grande utilidade porque reúne todos os índices de cada cabeceira, engadindo, cando é o caso, información sobre autorías asinadas con pseudónimo, nomes incompletos ou colectivos, así como un listado de siglas citadas. Este documento é de grande utilidade para ter un coñecemento global dos contidos de cada cabeceira e para a investigación.
Título | Ano | País | Lugar | Entidade | Dixitalizados |
---|---|---|---|---|---|
Título | Ano | País | Lugar | Entidade | Dixitalizados |
+ perralheiras, as
A voz escrita das MariBolheras Precárias |
2005 | España | A Coruña | Maribolheras PrecariasPublicación impresa. Entidade editora |
5 |
Abrente
N. 0 a n. 9 Voceiro da Secretaría da Muller da INTG N. 10 Voceiro da Secretaría da Muller da CIG |
1986 | España | Vigo | Secretaría da Muller da Confederación Intersindical GalegaPublicación impresa. Entidade editora Secretaría da Muller da Intersindical Nacional dos Traballadores GalegosPublicación impresa. Entidade editora |
10 |
Alborada
|
[1966] | España | Vigo | Partido Comunista de EspañaPublicación impresa. Entidade editora |
2 |
Alborada. Órgano de la Mujer Democrática
Ano II, n. 1 e 2: Órgano de la Mujer Democrática n. Especial: Órgano del Movimiento Democrático de Mujeres de La Coruña |
[1969] | España | A Coruña | Partido Comunista de EspañaPublicación impresa. Entidade editora Movimiento Democrático de Mujeres de La CoruñaPublicación impresa. Entidade editora |
3 |
Andaina [1ª época]
N.º 0 - n.º 6: Revista do movemento feminista-Galicia. N.º 7 - n.º 8: Revista do movimento feminista. N.º 9 - n.º 24: Revista do Movimento Feminista Galego |
1983 | España | Santiago de Compostela | Asociación Galega da Muller de/do FerrolPublicación impresa. Entidade editora Asociación Galega da Muller de OurensePublicación impresa. Entidade editora Asociación Galega da Muller "Pan e Rosas" de Santiago de CompostelaPublicación impresa. Entidade editora Asamblea de Mulleres de ArousaPublicación impresa. Entidade editora Asamblea de Mulleres de A CoruñaPublicación impresa. Entidade editora Asamblea de Mulleres de PontevedraPublicación impresa. Entidade editora Coordinadora Feminista de VigoPublicación impresa. Entidade editora Grupos de Mulleres da UniversidadePublicación impresa. Entidade editora Movimento Feminista Galego Publicación impresa. Entidade editora Grupos de Mulleres "Donicela" de VigoPublicación impresa. Entidade editora |
27 |
Andaina [2ª época 1ª xeira]
Revista galega de pensamento feminista |
1991 | España | Santiago de Compostela | Andaina Publicación impresa. Entidade editora |
22 |
Andaina [2ª época. 2ª xeira]
Revista galega de pensamento feminista |
1999 | España | Santiago de Compostela | Andaina Publicación impresa. Entidade editora |
27 |
Andaina [2ª época. 3ª xeira]
Revista galega de pensamento feminista |
[2008] | España | Santiago de Compostela | 14 | |
Area
N.º 1 : Revista das Mulleres Nacionalistas Galegas. N.º 2 a n.º 4 e n.º 6-bis: Revista de Mulleres Nacionalistas Galegas N.º 5 n.º 6: Mulheres Nacionalistas Galegas N.º 8 a n.º 11: Revista de Mulheres Nacionalistas Galegas |
1987 | España | Santiago de Compostela | Mulheres Nacionalistas GalegasPublicación impresa. Entidade editora |
12 |
aturuxo, O
Boletín da Coordinadora de Colectivos Gais de Galicia (CCGG) |
1981 | España | Vigo | Coordinadora de Colectivos Gais de GaliciaPublicación impresa. Entidade editora |
4 |
Deliberadamente
Folha informativa de activismo feminista |
1996 | España | Santiago de Compostela Vigo | Mulheres Nacionalistas GalegasPublicación impresa. Entidade editora |
16 |
Enboga
|
1999 | España | Santiago de Compostela | Boga. Colectivo de Lesbianas de GaliciaPublicación impresa. Entidade editora |
4 |
Festa da palabra silenciada
Publicación galega de mulleres |
1983 | España | Vigo | Feministas Independentes GalegasPublicación impresa. Entidade editora |
30 |
Fluxos
Anuario galego de estudios gais e lésbicos |
1998 | España | Santiago de Compostela | Asociación Sociocultural “Blanco Amor”Publicación impresa. Entidade editora |
2 |
Lúa Nova
Asociación Galega da Muller de Ferrol |
[1986] | España | Ferrol | Asociación Galega da Muller de/do FerrolPublicación impresa. Entidade editora |
1 |
Maria Soinha
|
[1996] | España | Ferrol | Frente Feminista de FerrolPublicación impresa. Entidade editora |
1 |
muller e a loita, A
N.º 2: Portavoz de las Mujeres Democráticas de Vigo. N.º 7, n.º 8, n.º 17: Portavoz del Movimiento Democrático de Mujeres de Vigo. N.º 19: Portavoz de Vigo do Movimento Democrático de Mulleres de Galicia. |
1971 | España | Vigo | Movemento Democrático de Mulleres de VigoPublicación impresa. Entidade editora |
7 |
S'homos
Número 1: Voceiro do Colectivo Homosexual de Compostela Números 2-6: non presentan subtítulo Número 7-13: Voceiro do Colectivo Gai de Compostela |
1991 | España | Santiago de Compostela | Colectivo Gai de CompostelaPublicación impresa. Entidade editora |
13 |
Saia, A
Boletín do Colectivo Feminista Independente Galego |
1982 | España | Santiago de Compostela | Colectivo Feminista Independente GalegoPublicación impresa. Entidade editora |
2 |
Voces de Queempostela
N.º 1 : N.º 2 a n.º 20: Folleto mensual de información. Editado polo Colectivo Gai de Compostela Nº 21 a n.º 24 : Boletín mensual de información. Editado polo CGC N.º 25: Folleto de información mensal. Editado polo CGC |
1996 | España | Santiago de Compostela | Colectivo Gai de CompostelaPublicación impresa. Entidade editora |
25 |
Xénero humano
Caderno de igualdade |
2009 | España | Ourense | Concello de OurensePublicación impresa. Entidade editora |
3 |