A Nosa Terra (1977-2011)

----

A Nosa Terra (1977-2011)

Periódico galego semanal de liña nacionalista nacido o 2 de decembro de 1977 en Santiago de Compostela, herdeiro da cabeceira histórica bilingüe creada en 1907 na Coruña promovido por Florencio Vaamonde, Murguía, Rodrigo Sanz, Evaristo Martelo e Manuel Lugrís para levar a cabo unha política agrarista e de contido romántico e literario. A finais de 1916 a cabeceira pasa a se converter no voceiro do ideario das Irmandades da Fala, opta polo monolingüísmo en galego e unha liña nacionalista e agrarista de denuncia do caciquismo. Case sesenta anos máis tarde, unha comisión de fundadores integrada por Acosta Beiras, Xoaquín; Fontela Rodríguez, Xosé Luis; López Gómez, Felipe Senén; Morales Quintana, Xosé Enrique e Varela García, César retoma o nome da vella cabeceira para crear un periódico galego semanal, segundo afirman “non un voceiro de opinión como nas etapas anteriores, senón que fará fundamentalmente xornalismo de información”. Dirixido por Margarita Ledo, o primeiro equipo de redactores da nova etapa está formado por Xosé López García, Xosé Ramón Pousa Estévez e Antón López Galocha e conta con amplo número de colaboradores. Logo será dirixida por Xosefina López Curral e Xosé Curras. No ano 1981 traslada a súa redacción a Vigo onde verá a luz ata setembro de 2011 baixo a dirección de Afonso Eiré e, nos últimos anos, de Manuel Veiga Taboada.



AVISO LEGAL: Estes fondos hemerográficos son propiedade da Fundación A Nosa Terra. Permítese a consulta e emprego dos fondos dixitalizados coa finalidade da súa conservación e investigación, de xeito que as obras integrantes dos fondos poidan ser distribuídas e difundidas sempre que se cite a súa autoría, non se obteña beneficio comercial e non se realicen obras derivadas. Calquera dúbida sobre o uso destes fondos debe ser consultada á súa propietaria, a Fundación A Nosa Terra.
Título Ano País Lugar Entidade Dixitalizados Estado
Título Ano País Lugar Entidade Dixitalizados Estado
Nosa Terra, A
A Nosa Terra : periódico galego semanal
1977 España Santiago de Compostela Promocións Culturais Galegas S. A.Publicación impresa. Entidade editora
1421 Pechada

Ti podes axudarnos

Axúdanos a enriquecer o legado da cultura galega. Se posúes ou coñeces a existencia de fondos ou consideras que nos nosos arquivos xa publicados hai erros ou ausencias, agradecemos a túa participación. Fáinolo saber por correo electrónico ou por teléfono para incorporar nova documentación ao noso fondo dixital.