Centro Galego. Bos Aires

[entidade social] Fundouse o 2 de maio de 1907. O Centro Gallego de Buenos Aires foi froito da reunión de representantes de varias asociacións galegas co xornalista José R. Lence na rúa Alsina 946, asinando a Acta de Fundación. O documento establecía que a institución recén creada tiña como principal obxectivo encher as necesidades dos emigrantes Galegos na capital arxentina. Alén de outras múltiples actividades consta como institución editora de polo menos catro cabeceiras. Outras publicacións foron acreditadas especificamente dentro do Centro Galego ao Instituto Argentino de Cultura Gallega, á Asociación Médica-Departamento de Docencia e Investigación e a agrupacións "pro Centro Gallego" como as cinco seguintes: A Terra, Celta, Galicia, Gallego-Argentina Breogán, Unión Gallega.
Entidade editora:
Boletín Informativo del Centro Gallego de Buenos Aires. Bos Aires.
1879. Revista Galaica. Bos Aires.
1907. Región Galaica. Bos Aires.
1913. Boletín Oficial del Centro Gallego. Bos Aires.
1926. Galicia. Bos Aires.
1938. Boletín Oficial de la Agrupación Galicia. Bos Aires.
1938. Unión Gallega. Bos Aires.
1950. Anales científicos. Bos Aires.
1960. Breogán. Bos Aires.
1961. Terra, A. Bos Aires.
1968. Celta. Bos Aires.
1979. Boletín informativo del Instituto Argentino de Cultura Gallega. Bos Aires.
1991. XUVE-Breogán. Bos Aires.
Entidade promotora:
1969. Jornadas Patrióticas Gallegas. Bos Aires.
1972. Galicia en América. Bos Aires.