----

Asociación Argentina de Hijos de Gallegos

[entidade social] Foi unha entidade de recoñecida actuación en defensa da cultura galega nos anos da ditadura franquista. Nela os fillos de emigrantes atopaban a posibilidade de desenvolver unha intensa actividade cultural continuadora da iniciada polas Mocedades Galeguistas e a A.G.U.E.A.
Entidade editora:
1961. Alén Mar. Bos Aires.