Protocolo de consulta

Fondos de Radio Nacional de España en Galicia:

Fondos de Radio Nacional de España

Os fondos dixitalizados de Radio Nacional de España en Galicia están accesibles para a súa consulta nas dependencias do Arquivo Sonoro de Galicia do Consello da Cultura Galega na Cidade da Cultura.
O titular dos dereitos destes fondos é RTVE. O Arquivo Sonoro de Galicia non proporcionará en ningún caso copia da documentación sonora do fondo de Radio Nacional de España.

O acceso aos fondos será con cita previa e debe enviarse previamente cuberto o formulario de consulta dos fondos, identificando os documentos que se desexen consultar coa súa sinatura, ao correo: asonoro@consellodacultura.gal.

O persoal técnico do Arquivo Sonoro remitirá un correo indicando a dispoñibilidade de acceso aos documentos solicitados.

O número máximo de documentos sonoros para a consulta diaria será de 10.
Para a solicitude de copias dos documentos sonoros, así como para a xestión dos dereitos para a utilización dos mesmos, as persoas interesadas deben dirixirse ao servizo de documentación de Radio Nacional de España: direccion.galicia@rtve.es ou rafael.cid@rtve.es

  • Tipo de material: Protocolo de consulta
  • Ficha descriptiva:
    Protocolo de consulta
Compartir: