Fondos de Radio Nacional de España en Galicia: TemáticaS

----

A nova Sargadelos

En 1949, preto dun antigo castro celta no concello de Sada (A Coruña), ergueuse a primeira fábrica da nova Sargadelos, na que se volveu a producir cerámicas feitas coas terras do norte lugués. Logo de experimentar técnicas e deseños diferentes, acadaron por reproducir en series moi limitadas figuras orixinais de artistas plásticos, utilizando estas terras galegas, coas que se obtiña unha pasta fina, translúcida de gran dureza e brancura, que puideron presentar xa no ano 1951 en Galicia, Madrid e Barcelona.
Cortes
4