Fondos de Radio Nacional de España en Galicia: TemáticaS

----

Colección: Otero Pedrayo con Antonio Fraguas

O Consello da Cultura Galega (CCG) presenta o “Epistolario” de Ramón Otero Pedrayo, unha iniciativa da Fundación Otero Pedrayo. O primeiro lote de misivas que o CCG pon ao dispor do público no seu web correspóndese coas cartas que Otero Pedrayo remitiu a Antonio Fraguas.

Esta publicación dixital da correspondencia entre os dous autores consta dun conxunto de cartas enviadas polo escritor ourensán que se atopan depositadas no Museo do Pobo Galego, que é o posuidor do arquivo persoal de Antonio Fraguas Fraguas. Esta colección está formada por 104 cartas enviadas entre 1928 e 1976.

O CCG puxo á disposición da devandita Fundación a aplicación informática “Epistolario” para a súa difusión en forma dixital, na que xa figuran a correspondencia doutros persoeiros galegos como Luís Seoane, Rosalía de Castro etc.

Trátase dun proxecto aberto que progresivamente vai ser enriquecido con novas coleccións de correspondentes en constante colaboración entre o Consello da Cultura Galega e a Fundación Ramón Otero Pedrayo, para que a difusión do epistolario do escritor de Trasalba poida consultarse nos webs das dúas institucións.
Cortes
0
Data Titulo Sinatura topografica Temáticas
Data Titulo Sinatura topografica Temáticas
|