web da Coordinadora Galega de Normalización e Dinamización Lingüística (2009-2016)

----

web da Coordinadora Galega de Normalización e Dinamización Lingüística (2009-2016)

Naceu en abril de 2009 co obxectivo de ser a plataforma de traballo cooperativo e de intercambio de propostas, ferramentas e recursos de formación para o profesorado dos ENDL dos centros educativos galegos.
En setembro de 2016 puxo fin a oito anos de intensa actividade, período en que se converteu nun dos referentes en Galicia da normalización do galego no ensino, chegando a ser galardoada co Premio Mestre Mateo 2010, Premio Roberto Vidal Bolaño 2011, Premio Xoán Manuel Pintos 2011 e Premio da Cultura Galega 2015.
O seu portal é a mellor carta de presentación da entidade. Entre os contidos que ofrece, pódense atopar utilidades para a capacitación do profesorado en materia de sociolingüística, materiais de campañas normalizadoras, recursos para o currículo escolar ou materiais que facilitan tanto o labor ordinario do profesorado como o bo aproveitamento deste a través da coordinación intercentros e interprofesional.
Accede a copia arquivada de web da Coordinadora Galega de Normalización e Dinamización Lingüística (2009-2016)

Warning: Unknown: 1 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0