A Máquina do Tempo
Realidade virtual para a cultura galega

Cantarexa cunha alfareira nun poboado prehistórico. Explora coas túas amigas unha abraiante escultura medieval. Descifra os segredos dun machado ritual da Idade do Ferro. Contempla a destrución lendaria dunha armada pirata. Segue ao primeiro arquiveiro do Reino de Galicia por labirínticos sotos. Isto é a Máquina do Tempo. A Historia e as lendas de Galicia no teu móbil.

Realidade aumentada

A app A Máquina do Tempo permíteche descubrir valiosas pezas do noso patrimonio cultural a través da realidade aumentada. Só precisas imprimir uns marcadores ou proxectalos noutra pantalla para traer magníficas pezas do noso pasado á túa mesa e observalas comodamente e con todo detalle.

Image

Realidade virtual

Pero queres ver eses obxectos na súa época e no seu contexto orixinal? Tan só co teu móbil ou cunhas gafas de realidade virtual (que é a opción que recomendamos) poderás ver como estes obxectos foron usados e creados no seu tempo, nunha experiencia audiovisual de 360 graos. Porque cada un dos obxectos do patrimonio moble que se custodian nos nosos museos representan un tempo, un lugar e unhas xentes.

O proceso

Chrome iPad

A modo de axuda

Empregar A Máquina do Tempo é moi sinxelo.

Tan só precisas:
1/ Un teléfono móbil Android ou Apple.
2/ Imprimir uns marcadores ou outra pantalla (outro móbil, tablet, pantalla de ordenador)
3/ A maiores, dispoñer de altofalantes e dunhas gafas de realidade virtual permitiríache vivir unha experiencia totalmente inmersiva.
4/ Moi importante: se tes bloqueada a rotación automática do teu móbil, debes desbloqueala para poder acceder ás experiencias 360 graos, xa que se visualizan en horizontal.

Créditos

A app A Máquina do Tempo é unha produción do Consello da Cultura Galega realizada co gallo do Día do Patrimonio Mundial 2017 e promovida desde a Sección de Patrimonio e Bens Culturais.

Director: Manuel Gago
Reconstrución Virtual en 3D e Animación 360º: PAR (Arqueología y Patrimonio virtual)
Fotogrametría 3D: Alejandro Güimil Fariña e Patricia Mañana Borrazás (Dimenso)
Asesores da Comisión de Patrimonio e Bens Culturais: Concha Varela, Gabriel Quiroga, Bieito Pérez Outeiriño
Asesoría científica: Rosario Álvarez, Xosé Lois Armada, Patricia Mañana Borrazás, Pilar Prieto.
Voces: Paula Carro, Nacho Castaño, Ruth Pazo, Rocío Pereiras, José C. Sansegundo, Miguel Varela.
Son: SDI Media Iberia
Desenvolvemento da app: Primate
Imaxe gráfica: Miguel Alonso