Medalla do Consello da Cultura Galega

O Consello da Cultura Galega creou en 2018 a Medalla do Consello da Cultura Galega para recoñecer o labor daquelas persoas que colaboran coa institución no desenvolvemento das súas actividades e, nomeadamente, na súa acción exterior. Servirá, asemade, como un medio para promover a súa colaboración e implicación coa cultura galega. Regulamento para a concesión das Medallas do Consello da Cultura Galega