consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org

Rosario Álvarez

Eventos nos que participou

Organiza

Comité científico

Presenta

Raó, Bogeria, Lloc. La política de les emocions en Rosalía de Castro
No Edifici Josep Carner (Barcelona), venres, 8 de novembro de 2013

Coordinación

Desafíos do ecosistema cultural galego ante a axenda Europa 2020
24 de marzo, 26 de maio e 16 de xuño de 2015

Presenta

Presenta

Modera

Comisión organizadora

Inauguración

Os adeuses. Fotografías de Alberto Martí
No Instituto Cervantes de Brasilia (Brasil), do 16 de abril ao 15 de maio de 2015

Presenta

Inauguración

Modera

Lingua e identidade na fronteira galego-portuguesa
Do 28 de novembro ao 3 de decembro de 2013

Edición

Comité científico

A lingua galega no solpor da Idade Media
Sábado, 22 de novembro de 2014

Presenta

A lingua galega no solpor medieval
Xoves, 2 de marzo ás 12:00h

BIOGRAFÍA

Catedrática de Filoloxías Galega e Portuguesa e Vicepresidenta do Consello da Cultura Galega. Está vinculada á Universidade de Santiago de Compostela desde o comezo dos seus estudos de Filosofía e Letras (1969-1974), primeiro como bolseira do Instituto da Lingua Galega (1973), creado pola universidade dous anos antes, e logo como membro do cadro de persoal docente e investigador (1976).
Doutora pola USC desde 1980. Nesta universidade ocupou diversos cargos de xestión. Foi Vicerreitora de Profesorado (1990-1994), sendo reitor Ramón Villares, e dirixiu o Departamento de Filoloxía Galega (1995-1999). Na actualidade é Catedrática de Filoloxías Galega e Portuguesa (1998) e Directora do Instituto da Lingua Galega (2005).
No seo do Instituto da Lingua Galega ten dúas liñas fundamentais de investigación. Como membro do equipo do Atlas Lingüístico Galego, no que participa desde os inicios (1973), céntrase na variación e cambio lingüísticos, tanto referidos ao momento presente coma a etapas anteriores. Como impulsora e membro activo do equipo de gramática, ocúpase da gramática descritiva do galego moderno, con incursións en etapas previas da historia da lingua ou en perspectiva diacrónica, e mais do contraste gramatical entre portugués e galego. Participa activamente na formación de grupos de traballo e na organización de encontros que axuden a trasladar os resultados de investigación.
A súa investigación, en forma de libros, artigos ou comunicacións en congresos, céntrase nas liñas enunciadas anteriormente. Son numerosos os traballos dedicados ao pronome persoal, tanto desde o punto de vista da descrición sincrónica do seu comportamento morfolóxico e sintáctico, coma da variación e procesos de cambio lingüístico atinxentes. Os seus traballos sobre o galego falado ou sobre lingua de autor buscan, en última instancia, mostra-la variación lingüística existente con vistas a unha posible maior definición do estándar. Nos últimos tempos ten aberta, ademais, unha liña frutífera de recuperación e edición de textos escritos no galego medio e das primeiras décadas do século XIX, sempre co norte de proporcionar datos fiables para o estudio da variación e o cambio lingüísticos.
Ingresou na Real Academia Galega en 2003, cun discurso sobre variación lingüística, que foi contestado por Antón Santamarina. Desde ese mesmo ano dirixe o Seminario de Gramática da RAG.
Está ligada ao Consello da Cultura Galega desde 1984, ininterrompidamente, como membro da entón chamada “Comisión de Lingua”. Desde 2007 pertence ao Plenario, en representación do Instituto da Lingua Galega.


Pode actualizar a súa fotografía ou currículo remitindonos un correo a web@consellodacultura.org