consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org

Francisco Díaz-Fierros Viqueira

Eventos nos que participou

Coordinación

Escribir de ciencia en galego
Venres, 20 de maio de 2011

Coordinación

Ano da biodiversidade
Mércores, 3 de marzo de 2010

Participante

Participante

Presentación do libro Arriola, obra musical
10 de xuño de 2010 no Salón de actos do CCG

Participante

Participante

Boticas, menciña e maxia
Mondoñedo (Lugo), xoves, 4 de agosto de 2011 ás 20:30

Participante

Álbum da ciencia: O I+D histórico de Galicia
Martes, 27 de marzo de 2012 ás 12:00

Comisión organizadora

Da civilización á cultura: Rosendo Salvado e o mundo aborixe
Consello da Cultura Galega, 3 e 4 de abril de 2014

Coordinación

Relator/a

Inauguración

Bo uso e mal uso do mar
Pontevedra, martes, 25 de novembro de 2014

Clausura

Bo uso e mal uso do mar
Pontevedra, martes, 25 de novembro de 2014

Participante

Alimarias, estrelas e clons
Pontevedra, venres, 13 de marzo de 2015 ás 19:00

Inauguración

Bo uso e mal uso do mar II
Pontevedra, 26 de outubro de 2015

Presenta

Libro «Rosendo Salvado e o mundo aborixe de Australia»
Xoves, 28 de xaneiro de 2016 ás 18:00

Coordinación

Filgueira Valverde na Cultura Galega do século XX
10, 11, 24, 26 e 27 de novembro de 2015

Inauguración

Desafíos do ecosistema cultural galego ante a axenda Europa 2020
24 de marzo, 26 de maio e 16 de xuño de 2015

Coordinación

No centenario da publicación do Manual de Patología General de Roberto Nóvoa Santos
Na Facultade de Medicina e Odontoloxía (USC), mércores, 19 de outubro de 2016

Inauguración

Inauguración

É o noso fuso horario un problema?
Mércores, 26 de outubro de 2016

Relator/a

Filgueira Valverde na Cultura Galega do século XX
10, 11, 24, 26 e 27 de novembro de 2015

Presenta

Autoria

Banda deseñada «Vivir no solo»
Mércores, 11 de marzo de 2015 ás 12:00

Presenta

Presenta

Participante

Escribir de ciencia en galego
Venres, 20 de maio de 2011

Presenta

¿Es nuestro huso horario un problema?
Mércores, 22 de marzo ás 12:00h

BIOGRAFÍA

Catedrático de Edafoloxía e Química Agrícola na USC e Vicepresidente do Consello da Cultura Galega. É doutor en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela (1967), é catedrático de Edafoloxía e Química Agrícola na Universidade de Santiago de Compostela desde 1987. Como docente dirixiu 24 traballos de licenciatura, ademais de 16 teses de doutoramento.

Conferenciante e membro de numerosas Sociedades Científicas nacionais e internacionais, ten participado en máis de trinta proxectos científicos ou técnicos financiados, ben como membro do equipo ben como investigador principal ou director. Presidente da Sociedade Galega de Historia Natural entre 1975 e 1980, tamén ocupou o cargo de presidente da Sección I (Física do Solo) da Sociedade Española de Ciencia do Solo entre 1988 e 1996.

É presidente da xunta rectora do Seminario de Estudios Galegos desde 1980 membro do Consello da Cultura Galega, primeiro como coordinador da Sección de Patrimonio Natural (1983-1998) , a partir de 1999 coordinador da Sección de Ciencia, Tecnoloxía e Sociedade e, desde xullo do 2002, vicepresidente primeiro da institución. Ademais destes postos, Díaz Fierros é académico numerario da Real Academia de Farmacia. Sección de Galicia (2000) e académico correspondente da Real Academia de Farmacia do Instituto de España. Desde 1999 ocupa o cargo de director da Colección Historia Natural do Proxecto Galicia, de Edicións Hércules.

Díaz-Fierros desenvolveu distintas liñas de investigación nos seus traballos: os factores de formación do solo, as propiedades físicas de solos de zonas húmidas, a avaliación e cartografía de solos de Galicia e zona húmida, a erosión, os procesos de degradación de superficies queimadas ou a paleoecoloxía, son algúns dos ámbitos que estudiou nas súas numerosas publicacións científicas.

Contribución a la climatología de Galicia (1971), Los gallegos (1976), As especies forestais e os solos de Galicia (1982), Suelos naturales de Cantabria (1985), A natureza ameazada. Xea, flora e fauna de Galicia en perigo (1989), Os solos da Terra Cha (1992), As Augas de Galicia (1996), Un Novo Mundo para un home universal. Saída de Humboldt de A Coruña cara á súa viaxe americana en 1799 (1999), son algunha das publicacións nas que participou como coordinador ou é autor..

Díaz-Fierros recibiu o premio “Fray Bernardino de Sahagún” da Deputación de León para traballos científicos en 1972, o “Federico Maciñeira” da Deputación da Coruña (1980) e o Premio da Crítica á Investigación Científica (1996).


Pode actualizar a súa fotografía ou currículo remitindonos un correo a web@consellodacultura.org