consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org

Leoncio Gandós


BIOGRAFÍA

Propietario do Gran Hotel Colón de Montevideo. Naceu o día 31 de outubro de 1851 no concello de Baiona (Pontevedra). No ano 1869 chega a Montevideo e empeza a traballar como empregado da ferraxaría dos "Señores Staricco y Cia.", estabelecida na Rúa Rincón nº 650, esquina Bartolomé Mitre.
No ano 1878 mércalle o negocio aos seus xefes e incorpórase ao comercio importador de ferraxaría. Este negocio foi adquirindo cada vez máis importancia, e no ano 1910, construíu o gran edificio de cinco pisos chamado "Palacio Gandós", fronte a onde antes tivera a ferraxaría. Neste edificio no soto, planta baixa e entrechán estabeleceu a Ferraxaría "Gandós", con entrada pola esquina Bartolomé Mitre e pola entrada da Rúa Rincón accedía aos tres pisos restantes, onde Leoncio Gandós instalou o "Gran Hotel Colón" que foi un dos máis luxosos de Montevideo, con todo tipo de modernas instalacións para a época. O hotel estaba rexentado polo seu fillo Rodolfo Gandós, fillo de Leoncio.
Foi elixido vocal nas eleccións da Xunta Directiva do "Centro Gallego" de Montevideo, no exercicio 1926-1927.


Pode actualizar a súa fotografía ou currículo remitindonos un correo a web@consellodacultura.org