Anxo Angueira

----

Anxo Angueira

1961 Manselle (Dodro)
NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Anxo Angueira

1961- Manselle (Dodro)
Doutor en Filoloxía Galega e profesor titular na Universidade de Vigo. No ámbito da creación literaria, tanto en poesía como narrativa, publicou: Val de Ramirás (1989), O valo de Manselle (1996), Bágoas de facer illas (1997), Libro da Vertixe (1997), Pensa nao (1999), Terra de Iria. Viaxe ó país de Rosalía de Castro (2002), A morte de A. (2003), Fóra do sagrado (2007) ou Iria (2012).

No ámbito da investigación realizou, entre outras obras, De Rosalía a Dieste. 33 Anos das Letras (1995), La poésie galicienne de 1936 à 1990 (1999), A espiral no espello (2009) e Das copras de Sarmiento ós Cantares de Rosalía (2013). Desde 2102 preside a Fundación Rosalía de Castro.

Publicacións nas que participou Anxo Angueira

Portada de  Poetas itinerantes
LIBRO

Poetas itinerantes

= Poeta ibiltariak
Portada de  Rosalía de Castro no século XXI. Unha nova ollada
LIBRO. ACTAS

Rosalía de Castro no século XXI. Unha nova ollada

Febreiro - Xuño 2013
Portada de  Actas do I Congreso Internacional “Curros Enríquez e o Seu Tempo”
LIBRO. ACTAS

Actas do I Congreso Internacional “Curros Enríquez e o Seu Tempo”

(Celebrado en Celanova, 13 al 15 de setembro de 2001). Tomo II
Portada de  Actas do I Congreso Internacional “Curros Enríquez e o Seu Tempo”
LIBRO. ACTAS

Actas do I Congreso Internacional “Curros Enríquez e o Seu Tempo”

(Celebrado en Celanova, 13 al 15 de setembro de 2001 ). Tomo I

Materiais de Anxo Angueira

Documento. Artigo

Neste artigo Anxo Angueira dá a coñecer unha carta inédita de Rosalía de Castro dirixida a José Villaamil que se sitúa por volta de 1865 en Compostela

Angueira, A: «Sen agardar a Murguía. Carta inédita de Rosalía de Castro a José Villaamil», Follas Novas. Revista de Estudos Rosalianos, Fundación Rosalía de Castro, 4 (2019).