Francisca Herrera Garrido

----

Francisca Herrera Garrido

1869 A Coruña | 1950 A Coruña
NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Francisca Herrera Garrido

1869- A Coruña | 1950 A Coruña
Autora da primeira novela en galego asinada por unha muller e pioneira en Nós e na RAG
Francisca Herrera Garrido naceu na Coruña o 6 de marzo de 1869 no seo dunha familia de clase media acomodada. Foi a menor dos cinco fillos que tiveron Josefa Garrido Matos e Manuel Herrera Hernández. Recibiu unha educación conservadora e fondamente relixiosa, axustándose á propia das señoritas da época. Comezou a ler cedo, e sendo adolescente, con apenas doce anos, coñeceu a obra de Rosalía de Castro que a marcaría como escritora.

O pasamento do seu prometido pouco antes da voda e o da súa nai en agosto de 1909 explican que se trasladase a Madrid para vivir cunha das súas irmás, Enriqueta, viúva desde 1908. A partir dese momento, as dúas pasan os veráns e as vacacións de Nadal en Galicia, entre A Coruña e Oleiros. Será aquí onde Francisca Herrera escribirá o groso da súa obra. O seu primeiro poemario, Sorrisas e bágoas, apareceu en Madrid en 1913, cando tiña corenta e catro anos. Trátase dun tomo de 249 páxinas que reúne 51 composicións poéticas todas elas en galego. Pouco despois, en xaneiro de 1914, a poeta preséntase ante a sociedade coruñesa nun recital organizado na sociedade Reunión de Artesanos na que sería presentada cun eloxioso discurso pronunciado por Manuel Casás.

En 1915 aparece a súa segunda obra poética, Almas de muller… ¡Volallas n’a luz!, cun pequeno prólogo en castelán de Manuel Murguía quen destaca o feito do volume tratar da vida afectiva das mulleres do campo galego. Catro anos despois, en 1919, aparece Frores d’o noso paxareco, o seu último libro de versos, publicado no suplemento «¡Terra a nosa!» do xornal El Noroeste.

Un ano despois publícase a que a crítica considera a súa grande obra, a novela Néveda (1920), a primeira narración extensa asinada por unha muller nas nosas letras. No número inicial da revista Nós, na sección «Os homes, os feitos, as verbas», atopamos unha pequena recensión da novela, supoñemos que da autoría de Risco, na que se fai fincapé na riqueza lingüística do texto e na súa modernidade. No sétimo número da publicación, na mesma sección, será Philéas Lebesgue quen se ocupe dela nunha breve nota intitulada «En col de Néveda».

Francisca Herrera Garrido é a primeira muller en participar na revista Nós e a única que repite colaboración, xa que atopamos a súa sinatura nun total de tres ocasións, algo insólito na revista. En agosto de 1921, no sexto número, asina un longo ensaio titulado «A muller galega», onde defende apaixonadamente o amor maternal e a relixiosidade das galegas. Xusto catro anos despois, o 15 de agosto de 1925, aparece a noveliña «A neta da naipeira», un relato de corte costumista protagonizado por unha viúva e as súas cinco fillas, e o Día de Galicia do 31 publícase o poema «A nosa nai Galiza».

En 1922, na editorial Céltiga, Herrera Garrido publica A y-alma de Mingos e tres anos despois, en Lar, Martes d’antroido. Ese mesmo ano, 1925, prologa unha edición de Cantares Gallegos, e El Diario español de Bos Aires premia o seu traballo «Rosalía de Castro. Su obra poética».

En marzo de 1936, pouco antes do inicio da Guerra Civil, preocupadas pola situación, a escritora, de case setenta anos, e mais a súa irmá abandonan definitivamente Madrid e refúxianse en Galicia. Perden nestes anos a maioría das súas posesións e recursos económicos e viven grazas á axuda de amigos e familiares. A partir deste momento, Herrera Garrido, conservadora e católica, pon a súa pluma ao servizo da causa franquista. Xesús Alonso Montero comentou con acerto unha carta a Philéas Lebesgue datada o 16 de abril de 1937 onde a coruñesa describe a súa situación e as súas crenzas. Laudatio do franquismo e execratio da República e da Fronte Popular, en palabras do comentador. Que se saiba, nunca volveu publicar en galego. As colaboracións en prensa son, a partir de entón, maioritariamente en verso, en castelán e comprometidas coa causa franquista.

O 4 de marzo de 1945, a Real Academia Galega elíxea membro numeraria, converténdose na primeira muller en acceder a un cargo deste tipo. Ilusionada, redacta decontado o seu discurso sobre Rosalía de Castro e os Poetas de raza, texto que nunca chegaría a ler pois morre na Coruña o 4 de novembro de 1950, poucos meses despois de que Antonio Couceiro Freijomil, encargado de dar resposta ao seu discurso de ingreso, entregase o seu texto na Academia.

Obra


En verso
Sorrisas e bágoas (Madrid, 1913)
Almas de muller... ¡Volallas n’a luz! (A Coruña, 1915) con prólogo de Manuel Murguía
Frores d’o noso paxareco (A Coruña, 1919)

En prosa
Néveda (A Coruña, 1920)
A y-alma de Mingos (Ferrol, 1922)
Martes d’antroido (Ferrol, 1925)

En castelán (de tema galego)
Pepiña (Madrid, 1922
Réproba (Madrid, 1926)
Familia de lobos. La novela del obrero (Madrid, 1928)

Inédito
Desnudo de Almas
Por qué no entró el alma en la venta


Bibliografía


Blanco García, C.: «O antisufraxismo e a condición femenina en A muller galega de F. Herrera Garrido», Grial, 92 (1986).
Casares, C.: «Vida e obra de F. Herrera». En F. Herrera. Vida e obra. Escolma de textos. A Coruña: Real Academia Galega, 1987.
Díaz del Río, E.: «Francisca Herrera Garrido en el Museo de Pontevedra», El Museo de Pontevedra, LVIII (2004).
Noia, M.ª C.: «Introducción». En Herrera Garrido, F.: Néveda. Vigo: Xerais, 1990.
Ríos Panisse, C.: «Néveda, primeiro acerto lingüístico e estilístico na novela galega»,Grial, 90 (1985).

Materiais de Francisca Herrera Garrido

Documento

«Los poetas gallegos de hoy: Francisca Herrera Garrido»

Artigo de A. Ribalta. Fonte: Eco de Galicia, A Habana, n.º 361 (15 de setembro de 1930), p. 13.
Documento

«Martes de Antroido – Francisca Herrera Garrido».

Artigo sobre a publicación da novela Néveda na biblioteca Lar
A Nosa Terra. Idearium das Irmandades da fala, nº 213 (1 de xuño de 1925), p. 12
Documento

«Dos poetas gallegos». Artigo de Eugenio Carré Aldao

Galicia Gráfica, La Habana, nº 4 (30 de agosto de 1913), p. 4-5.
Documento

NÉVEDA por Francisca Herrera Garrido

Nós. Boletín Mensual da Cultura Galega, Órgao da Sociedade «Nos», nº 1 (30 de outono de 1920), p 19.
Documento

Especial Francisca Herrera Garrido na Festa da palabra silenciada

Reprodución do monográfico dedicado a Francisca Herrera publicado na revista Festa da palabra silenciada, nº 3, 1986, p. 1-22. Conta con artigos de María do Carme Ríos Panisse, María Camino Noia, María Xosé Queizán, Isabel Mouriz, Ana Romaní e María Xosé Canitrot. Inclúe ademais unha antoloxía da obra da homenaxeada.

Publicacións periódicas

Aviso Listado automático de documentación relacionada con nos fondos documentais en liña ofrecidos polo Consello da Cultura Galega.
Galicia Nueva (1916-) .
Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
Alma Gallega (1919-1927) .
Revista Mensual: Órgano Oficial de la Sociedad Casa de Galicia
Posteriormente varía a denominación aparecendo como Órgano Oficial de Casa de Galicia, Boletín de Casa de Galicia, Boletín Oficial de Casa de Galicia, Revista de Casa de Galicia etc.
Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
Céltiga (1924-1932) .
Revista Gallega de arte, crítica, literatura y actualidades: Publicación quincenal editada por la "Editorial Céltiga"
Revista Gallega de arte, crítica, literatura y actualidades: Publicación quincenal editada por los talleres gráficos Virs
Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
Alborada (1925-) .
Órgano de la Sociedad Agraria y Cultural Hijos del Partido de Corcubión
Órgano de la Asociación Benéfica Cultural del Partido de Corcubión
N.º 66-74: Revista cultural e informativa de la Asociación Benéfica Cultural del Partido de Corcubión
N.º 118-161: Órgano y propiedad de la Asociación Benéfica Cultural del Partido de Corcubión
N.º 172: Publicación de la Asociación Benéfica, Cultural del Partido de Corcubión
A partir do n.º 185: Revista de la Asociación Benéfica Cultural del Partido de Corcubión
Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;

Artigos

HERRERA GARRIDO, F. (7/1925) Contos dun afillado de dez anos . Céltiga. 1ª (14), 3.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela;
Mencións:
RISCO, V. (9/1925) Lar - publicación quincenal de novelas cortas en idioma gallego. Céltiga. 1ª (17), 8.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela;
Mencións: Francisca Herrera Garrido ; Ramón Otero Pedrayo ;
(4/1926) Francisca Herrera. Céltiga. 1ª (32), 3.
Ver nota breve Fonte da dixitalización: Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela;
Mencións: Francisca Herrera Garrido ;
HERRERA GARRIDO, F. (11/1927) Canción d'a chúvia. Alma Gallega. 1ª, 27.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
Mencións:
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (12/1950) Galicia cada treinta días (noviembre). Galicia [Bs As 1926]. (453), 13 .
Mencións: Manuel Fraga ; Francisca Herrera Garrido ;
HERRERA GARRIDO, F. (1/1986) "Como aman as galegas". Festa da palabra silenciada. (03), 20.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
Mencións:
HERRERA GARRIDO, F. (1/1986) Introduzón [Néveda]. Festa da palabra silenciada. (03), 20.
Ver narrativa Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
Mencións:
HERRERA GARRIDO, F. (1/1986) Néveda [fragmento]. Festa da palabra silenciada. (03), 20.
Ver narrativa Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
Mencións:
HERRERA GARRIDO, F. (1/1986) Por qu'o noman "Follas Novas". Festa da palabra silenciada. (03), 21.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
Mencións:
HERRERA GARRIDO, F. (1/1986) Meu anxo. Festa da palabra silenciada. (03), 22.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
Mencións: