Biografía de Xosé Luís Janeiro
1962- Bugarín, Cerdedo (Pontevedra)Catedrático de Lingua galega e literatura de ensino medio no IES Sánchez Cantón de Pontevedra e profesor asociado da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo. Licenciouse en Filoloxía hispánica e en Filoloxía galego-portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela e licenciouse en Dereito pola Universidad de Educación a Distancia. Como xurilingüísta, tense achegado ao binomio lingua e dereito, tanto desde o punto de vista xurídico como lingüístico. Arredor desta temática ten pronunciado diversas conferencias e ten publicado varios traballos críticos e recensións. Entre outros, pódense mencionar títulos como A lingua das Administracións públicas, A reforma da LOPX e o seu virtual significado lingüístico: o artigo 231.4, Cooficialidade lingüística e tradución xurídica, dúas notables ausencias no ensino universitario do dereito ou A fe notarial nunha linguaxe xurídica propia.
Publicacións nas que participou Xosé Luís Janeiro
LIBRO. ACTAS